MANUAL PARA DOENTES:  ENFERMIDADES REUMATOLÓXICAS

Máis de medio millón de persoas padecen en Galicia unha das máis de 200 enfermidades reumáticas que se coñecen na actualidade. As enfermidades reumáticas son as doenzas crónicas máis frecuentes en España. De feito, o último Estudo EPISER 2016 (Estudo da Sociedade Española de Reumatoloxía sobre a prevalencia de enfermidades reumáticas na poboación adulta en España) sinala que 1 de cada 4 persoas padece unha enfermidade reumática.

ENLACE LIBRO
MANUAL PARA DOENTES: ENFERMIDADES REUMATOLOXICAS.
ACCESO POR CAPÍTULOS

A enfermidade reumática constitúe un problema de saúde de gran magnitude, polo seu notable impacto social e económico.

O diagnóstico baséase na historia e na exploración física. Ás veces, as probas do laboratorio, a radioloxía e outras técnicas poden axudar a confirmar ou descartar a sospeita clínica.

O reumatólogo, pola súa formación e experiencia, é o médico especialista máis preparado para diagnosticar e tratar enfermidades do aparello locomotor e doenzas autoinmunes sistémicas.